Voltar atrás

Escrito o:

As empresas de Lugo inerésanse polo Programa Responsabilízate

Aforamento completo hoxe no salón de actos da CEL para coñecer o Programa Responsabilízate, iniciativa de apoio e asesoramento gratuíto da Xunta de Galicia dirixida ás pemes galegas, para que avancen na súa adaptación ás obrigacións da regulación ASG (Ambiental, Social e de Goberno Corporativo) a través do desenvolvemento da súa Responsabilidade Social Empresarial (RSE). 

O encontro contou coas intervencións de Elena Mancha, directora xeral de Relacións Laborais da Xunta; Daniel Domínguez, xerente da consultora Valora e coordinador do Programa Responsabilízache; José Luís Madrid, CEO de Sicasoft Solutions; Luís García, CEO de Garmin Mantemento e Servizos Industriais e Amalia Fernández, asesora legal de Peixes Rubén, ademais de Jaime López, secretario xeral da CEL.

Responsabilízate

O programa Responsabilízate está dirixido a pequenas e medianas empresas galegas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou teñan un balance anual inferior a 43 millóns de euros.  Os servizos do programa inclúen diagnóstico da situación actual da empresa no marco ASG, actividades formativas e de asesoramento personalizado por parte de expertos, así como o desenvolvemento dunha folla de ruta para a súa implementación, na que as pemes contarán co apoio do equipo de consultores do proxecto. Máis info do programa na Sede Electrónica de la Xunta.