¿Quen somos?

Somos unha organización sen ánimo de lucro, fundada en 1977, que aglutina ás asociacións empresariais e empresas da provincia de Lugo que libremente unen esforzos e buscan o noso apoio profesional.

Máis información

Servizos

Proporcionamos aos nosos asociados representación institucional e servizos de información e asesoría xurídica, laboral, económico - fiscal, en materia de prevención de riscos laborais, comercio exterior, formación e emprego, comunicación…

Subscribimos convenios con outras entidades para facilitar aos nosos asociados o acceso a produtos e servizos adicionais en condicións preferentes de financiamento, a prezos reducidos e con descontos especiais.

Máis información

Asóciate

Contamos cun equipo de profesionais multidisciplinar, con probada formación e experiencia nas diferentes cuestións do día a día dunha empresa, sexa cal sexa o seu sector de actividade. Ante calquera problema ou dúbida, nós orientámoste.

Traballamos por e para tí. Coñécenos e asóciate.

Máis información

Lembra que para que podamos atender as túas consultas tes que estar asociado Máis información

Servizos

Xurídico

Contamos cun equipo de avogados con ampla experiencia no asesoramento e apoio xurídico ás empresas.

Esta área departamental, en estreita colaboración coa de Asesoría Laboral, proporciona ás empresas servizos como:

  • Preparación de alegacións e recursos administrativos
  • Contratos mercantís: redacción e revisión; intermediación en conflitos ente empresas…
  • Xestión de impagos
  • Medio ambiente: xestión de residuos, envases…
  • Consumo e comercio: normativa, calendario de festivos, expedientes sancionadores…
  • Asesoramento e tramitación de reclamacións ante empresas subministradoras.
  • Propiedade industrial
  • Normativa sectorialespecífica: transporte de mercadorías por estrada, estacións de servizo...
  • Arrendamentos urbanos: consultas, incidencias, redacción e revisión de contratos…
  • Urbanismo: plans de ordenación alegacións, …

Laboral

O noso equipo de avogados conta cunha ampla práctica profesional, continuamente actualizada, no asesoramento e apoio en cuestións do ámbito laboral das empresas.

Esta área departamental cobre diferentes servizos:

  • Información, asesoramento e consultoría: :
    • Modalidades de contratación
    • Regulacións de emprego
    • Calendario laboral
    • Convenios colectivos
    • Táboas salariais
    • Expedientes sancionadores
    • Inspeccións de traballo
    • Estranxeiría
    • Asesoramento e asistencia a conciliacións laborais (SMAC)
    • Trámites: alta e baixa de traballadores, resolución de incidencias con Sistema REDE, comunicacións de apertura de centro de traballo, partes de alta e baixa médica, partes por enfermidade…
  • Información e asesoramento sobre novidades lexislativas de carácter laboral.
  • Negociación colectiva

Económico-Fiscal

Licenciados en Ciencias Económicas y Empresariales atienden este área departamental desde la que facilitamos servizos de información, asesoramento e consultoría en materia de:

  • Fiscalidade:
    • Imposto de Sociedades
    • IVA
    • IRPF
    • Transmisións patrimoniais
    • Imposto de Sucesións e Doazóns
  • Axudas e subvencións.
  • Financiamento: asesoramento sobre liñas financeiras dispoñibles (ICO, Igape,...)
  • Resolución de dúbidas sobre contabilidade e xestión económica.
  • Servizo adicional de asesoramento a emprendedores (trámites iniciais).

Comercio Exterior

Ofrecemos consultoría especializada para a resolución de dúbidas relacionadas coa saída ao exterior das empresas.

Proporcionamos información sobre todas as accións de interese postas en marcha en materia de internacionalización por diferentes entidades públicas e privadas.

Entre outras cuestións, facilitamos información e asesoramento sobre:

  • Cómo iniciar unha exportación
  • Establecemento de contactos con compradores doutros países
  • Licitacións internacionais
  • Axudas para internacionalización
  • Feiras e misións comerciais
  • Organización de xornadas e cursos sobre internacionalización

lanpymexport O Departamento de Comercio Exterior é tamén o responsable na CEL da xestión do proyecto Lan Pymexport, comunidade virtual de pemes exportadoras.

Gabinete de Asistencia Técnica en PRL

Fundación para la Prevención de Riesgos Laborales

Oficina Técnica en Prevención de Riscos Laborais para Pemes é un servizo de consultoría adicional á área laboral.

Coa finaciación da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, desde esta área departamental ofrecemos os seguintes servizos:

O Gabinete de Asistencia Técnica en Prevención de Riesgos Laborales é un servizo de consultoría adicional a área laboral, sostenido coa financiación da Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, F.S.P. Dende esta área departamental ofrecemos os seguientes servizos:

  • Resolución de consultas de empresas sobre as súas obrigas en materia de seguridade e saúde laboral.
  • Asesoramento sobre modalidades de xestión da prevención: organización da actividade preventiva.
  • Información e asesoramento sobre lexislación en materia de PRL vixente. Resolución de dúbidas sobre a súa aplicación.
  • Organización de xornadas, seminarios e cursos en materia de PRL.
  • Publicacións: elaboración de material informativo especializado en PRL.
  • Desenvolvemento de campañas de sensibilización.

Contacto:

Sede Gabinete PRL Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta 27.001 (Lugo) Tel. 982 23 11 50

Horario de Atención ao Público:

Do 1 de xaneiro a0 30 de xuño e do 1 de outubro ao 31 de decembro.

Mañás:
Lues - Venres de 9:00h a 14:00h

Tardes:
Lues - Xoves de 16:00 a 20:00 h.

Do 1 de Xuño ao 31 de agosto.

Mañás:
Luns – Venres de 9:00 a 14:00 h.

Comunicación

Dende a área de comunicación xestionamos a relación cos medios dde comunicación da nosa área de influencia, así como toda a información institucional da CEL e as nosas asociacións.

Desde esta área departamental facilitamos tamén un servizo de asesoramento en materia de comunicación ás nosas asociacións e empresas integradas, que inclúe:

  • Contacto con medios de comunicación.
  • Redacción e difusión de noticias a medios e a través das nosas canles de comunicación.
  • Resolución de dúbidas en materia de accións de comunicación empresarial: presentacións de produto, guía de comunicación...

Consulta as nosas últimas noticias

Formación

A CEL organiza periodicamente diferentes accións formativas e divulgativas (cursos, xornadas, seminarios…), dirixidos tanto a traballadores como a desempregados, empresarios, directivos, autónomos e emprendedores.

O obxectivo de cada unha destas accións é contribuír á mellora constante da cualificación profesional dos seus destinatarios, fomentando ao mesmo tempo a mellora da competitividade das nosas empresas.

Entre outras, os programas formativos da CEL abordan áreas como:

  • Dirección e Xestión Empresarial
  • Novas Tecnoloxías
  • Mercadotecnia e Comunicación
  • Recursos Humanos
  • Prevención de Riscos Laborais
  • Medio Ambiente
  • Calidade
  • Xestión Industrial
  • Sanidade
  • Turismo
  • Etc.

VISITA A NOSA ESCOLA

Emprego

As persoas en situación de desemprego ou con interese en mellora da súa empleabilidad tamén dispoñen dun servizo de asesoramento personalizado e especializado en orientación laboral.

  • Elaboración e revisión decurrículum vitae
  • Itinerarios personalizados deinserción
  • Información sobre certificados de profesionalidade.
  • Elaboración de dossiers con ofertas de emprego
  • Información sobre bolsas
  • Prácticas en empresas
  • Traballo no exterior: RED Eures
  • Axencia de colocación (Nº 1100000030)

Emprendedores

Baseado na nosa dilatada experiencia en materia de asesoramento empresarial, dende a CEL tamén atendemos a emprendedores interesados en por en marcha unha nova empresa. A través deste servizo, facilitamos información sobre trámites iniciais na creación dun negocio, axudas para inicio de actividade…

Para o acceso a este servizo é obrigatoria a reserva de cita personalizada no número de teléfono 982 23 11 50.

Fundación CEL

fundacion cel Como apoio adicional ao emprendedor, a CEL promoveu e forma parte da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo, un centro de iniciativas empresariais, fundado en 1997, que conta nas súas instalacións cun viveiro de empresas a través do que presta tutelaxe aos emprendedores durante os primeiros pasos do seu proxecto empresarial.

Este viveiro de empresas ten capacidade para acoller a máis dunha vintena de proxectos.

Consulta os servizos e contacta coa Fundación CEL.