Voltar atrás

Escrito o:

Nova programación formativa PRL 2021

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co financiamento da Xunta de Galicia, unha nova programación en materia de prevención de riscos laborais: nesta ocasión impartirá un total de seis cursos gratuítos, destinados tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.

Estas accións formativas desenvolveranse entre os meses de setembro e outubro en Lugo.

Máis concretamente, a formación de seguridade e saúde deste ano 2021 abordará cuestións como "Prevención de riscos laborais fronte á exposición á COVID-19 en contornas laborais", "Manexo seguro de carretillas elevadoras" e "Manexo seguro de plataformas móbiles de persoal"

Prazas e inscrición

As prazas son limitadas (máximo 15 alumnos por acción formativa) e cubriranse por orde de inscrición, que poderá tramitarse a través da CEL (Tel. 982 23 11 50). Máis información descargable ao final desta entrada. 

Estas accións de formación organízanse ao amparo da Orde de 26 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2021, co financiamento da Xunta de Galicia.