Voltar atrás

Escrito o:

Ciclo de Seminarios Web sobre Movilidad Transfronteriza

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), no marco das actividades desenvolvidas como socios da Rede EURES-Transfronteirizo Norte de Portugal-Galicia, celebrará, ao longo deste mes de novembro, un ciclo de Seminarios Web sobre Mobilidade Transfronteiriza.

A actividade arrincará este xoves, día 12, co seminario "Negociación colectiva e aplicación de convenios ás relacións laborais en Portugal", que se desenvolverá entre as 10.00 e as 11.30 horas, e que pretende dar a coñecer aos asistentes o funcionamento da negociación colectiva en Portugal, desde a perspectiva da empresa, entre outras cuestións.  

O segundo seminario terá lugar o día 17 de novembro baixo o título "Cuestións chave e novidades en materia fiscal no ámbito da mobilidade laboral transfronteiriza España-Portugal", tamén entre as 10 e as 11.30 horas. O día 19 de novembro, de 09.30 a 12.30 horas, terá lugar o terceiro seminario do ciclo, que leva por título "Mobilidade e servizos na Unión Europea" e, por último, o día 25 deste mes, de 10.00 a 11.30 horas, pecharase o ciclo co seminario "Novidades en materia de teletraballo e igualdade en España e Portugal: particularidades transfronteirizas"

Os programas completos de cada seminario poden descargarse ao final desta entrada.

Inscrición

Os coloquios celebraranse a través da aplicación ZOOM e serán gratuítos para os asistentes, grazas ao financiamento principal da Comisión Europea e da CEG. Para participar, será necesario inscribirse individualmente en cada un deles, podendo facerse a través desta ligazón.

Imprimir

Voltar atrás