Voltar atrás

Escrito o:

Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2019

A Real Academia Galega de Ciencias vén de convocar, co apoio da Xunta de Galicia, a edición 2019 dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, que comprende tres galardoes dotados con 6.000 euros cada un para grupos de investigación e empresas que creen ou implanten nova tecnoloxía.

Modalidades

  • Premio "Francisco Guitián Ojea" ao mellor traballo de investigación aplicada. 6.000 €. Recoñece o éxito dun grupo de investigación na creación dunha tecnoloxía aínda non transferida.
  • Premio "Fernando Calvet Prats" a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación. 6.000 euros. Destinado ao grupo creador da tecnoloxía transferida con máis éxito ao sector empresarial.
  • Premio "Ricardo Bescansa Martínez" a un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida. 6.000 euros. Para a empresa que acredite a mellor implantación de tecnoloxía transferida dende un grupo de investigación galego.

Prazo de presentación de candidaturas aberto até o 31 de maio de 2019. Máis info en adxuntos.

Imprimir

Voltar atrás