Estrutura Directiva | Representación Institucional | Consello Asesor

O Consello Asesor da CEL é o órgano colexiado de apoio, consulta e asesoramento dos órganos de goberno da CEL, artellándose en consecuencia como un foro axeitado para a análise, o debate e a proposta de cantas cuestións puidesen redundar en beneficio do empresariado lucense.

Conta, asemade, con poder de decisión na CEL a través da súa representación na Xunta Directiva da organización.

Está formado por empresas e entidades con presenza na provincia de Lugo que, pola súa vinculación ao ámbito empresarial, traxectoria, dimensión, actividade ou calquera outra circunstancia, poidan constituír un grupo de apoio, análise, debate e fonte de propostas que contribúan á consecución dos fins da Confederación de Empresarios de Lugo.

As empresas integradas no Consello Asesor da CEL non só poden facer oir a súa voz a través desta organización; contan ademais con acceso privilexiado aos centros de toma de decisións e coa posibilidade de reunión e networking con empresas con similares necesidades e inquietudes.

DOCUMENTO PDF

logotipos