Voltar atrás

Escrito o:

I Foro de Innovación Empresarial Conecta Lugo

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 30 de marzo de 2023, xoves, en Lugo, o I Foro de Innovación Empresarial, posto en marcha pola entidade no marco do programa Conecta Lugo, que desenvolve desde hai dous anos co apoio da Xunta de Galicia.

Este foro, concibido como un evento de impulso da cultura innovadora en Lugo, contará coa conferencia maxistral de Xavier Marcet, consultor en estratexia, innovación e emprendimiendo corporativo formado en posgrao nas escolas de negocios UC Berkeley IESE e ESADE e unha licenciatura anterior en historia pola UAB. Xavier Marcet é ademais Presidente de Lead To Change LTCproject, empresas en rede dedicadas á consultoría en estratexia e innovación, e 8 Wires, unha startup sobre Big Data e Management.

A maiores, Marcet é autor de varias publicacións de referencia sobre xestión e competitividade empresarial como "Esquivar la mediocridad. Notas sobre management: complejidad, estrategia e innovación", "Crecer haciendo crecer: El secreto de las empresas consistentes" ou "Cosas que aprendemos después. Bloggiana sobre management, innovación y estrategia", entre outras.

Tras a intervención de Marcet está prevista unha mesa redonda de reflexión na que participarán axentes públicos do ecosistema innovador así como CEOs de diferentes empresas con traxectoria innovadora de interese.

O Foro terá lugar no Hotel Méndez Núñez de Lugo. A asistencia é gratuíta pero é necesario reservar praza a través desta ligazón.

Conecta Lugo

Conecta Lugo é un programa de tutelaje e asesoramento posto en marcha pola CEL co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación e o Instituto Galego de Promoción Económica. Busca unha mellora no acceso das pemes lucenses, en especial as situadas no rural, ás axudas para modernización, innovación ou mellora da competitividade, entroutras, habilitadas pola Administración Autonómica.