Voltar atrás

Escrito o:

WEBINARIO | USA: mercado e oportunidades de negocio

A CEL, co apoio da Deputación Provincial de Lugo e no marco do Gabinete Impulso - Ext, posto en marcha por ambas as entidades este ano para desenvolver accións de soporte para as empresas da provincia fronte aos efectos da guerra en Ucraína, organiza este webinar o próximo día 1 de decembro de 2022, xoves, en horario de 16:30 a 19:00 horas, para analizar o mercado e oportunidades de negocio de Estados Unidos e reforzar a presenza das empresas de Lugo neste país.

De carácter totalmente práctico, neste webinar analizaranse cuestións como indicadores macroeconómicos, perspectivas de futuro, incentivos ao investimento, réxime fiscal, formas de negociación ou oportunidades de negocio da man de técnicos especializados en internacionalización da empresa NOROEX Consultores

Igualmente, inclúense os testemuños de empresas con presenza e experiencia no mercado estadounidense, como Aguas de MondarizPescados Rubén ou da división de Comercio Exterior de Abanca.

O mercado

Estados Unidos continúa sendo o principal receptor de investimento estranxeiro do mundo e un destino estratéxico para os fluxos de capital españois. O país norteamericano mantén as súas atractivo grazas, entre outros factores, ao gran tamaño do seu mercado -e a súa ampla base de consumidores-, a mellora do seu rendemento económico, o seu gran nivel de competitividade, un bo clima de negocios e unha nova taxa impositiva máis baixa. 

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN WEBINARIO USA | 01-12-2022