Escrito o:
Semana Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo 2022
Un ano máis se celebra nestes días de outubro (semana 43 do calendario) a Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, unha iniciativa da Axencia Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo (OSHA) para concienciar ao redor da prevención de riscos laborais.
Este ano será o último que esta conmemoración se celebrará baixo a lema "Traballos saudables: relaxemos as cargas", unha campaña iniciada en 2020 co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia de previr os trastornos musculoesqueléticos así como sobre a necesidade dunha adecuada xestión dos riscos laborais asociados á súa aparición.
Segundo lembra a OSHA, os TME seguen sendo unha das doenzas relacionadas co traballo máis prevalentes en Europa. Os riscos relacionados coas posturas, a exposición a movementos repetitivos ou a posicións forzosas ou dolorosas, o traslado ou o movemento de cargas pesadas, son factores de risco moi habituais nos traballos, que poden provocar trastornos musculoesqueléticos. Os trastornos músculoesqueléticos relacionados co traballo son moi xeneralizados, polo que non cabe dúbida de que é necesario tomar máis medidas para aumentar a sensibilización sobre como evitalos.
A campaña de OSHA adopta unha visión ampla sobre as causas deste persistente problema. Ten por obxecto divulgar información sobre o tema, insta a que se adopte un enfoque integrado da xestión do problema e ofrece ferramentas e solucións prácticas que poidan resultar de axuda no lugar de traballo. Na súa web pódese atopar máis información sobre os TME.
A maiores, ao longo desta semana diferentes institucións de todo o mundo súmanse a esta campaña con diferentes actos divulgativos. A CEL faio a través do seu Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral co webinar informativo "Transtornos musculoesqueléticos (TME): entendelos e previlos", para o xoves 27 de outubro e cuxa inscrición aínda continua aberta.