Voltar atrás

Escrito o:

Formación en Igualdade 2022

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) ten previsto para o mes de outubro unha ampla programación formativa en materia de igualdade, organizada pola entidade co financiamento da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social (SEPE) co obxectivo de incrementar o coñecemento e competencias en materia de igualdade laboral e de oportunidades entre as empresas da provincia de Lugo.

En concreto, impartirá seis cursos na modalidade de teleformación con duración entre as 10 e as 40 horas, e dous webinarios informativos. En total, formarase a máis dun centenar de alumnos. 

Dado que as prazas son limitadas, é imprescindible inscrición previa, que pode tramitarse nas seguintes ligazóns:

CURSO  "Igualdade de xénero e oportunidades" | 20 h. (Do 14 ao 27 de outubro) | INSCRICIÓN
CURSO "Aspectos básicos do Plan de Igualdade" (Grupo 1) | 25 h. (Do 4 ao 21 de outubro) | INSCRICIÓN
CURSO "Aspectos básicos do Plan de Igualdade" (Grupo 2) | 25 h. (Do 11 ao 27 de outubro) | INSCRICIÓN
CURSO "Práctico de promoción da igualdade de xénero na empresa" (Gr. 1) | 40 h. (Do 27 de setembro ao 25 de outubro) | INSCRICIÓN
CURSO "Práctico de promoción da igualdade de xénero na empresa" (Gr. 2) | 40 h. (Do 29 de setembro ao 28 de outubro) | INSCRICIÓN
CURSO "A igualdade retributiva na empresa" | 10 H. (Do 25 al 31 de outubro) | INSCRICIÓN
WEBINARIO "Igualdade laboral e de oportunidades" | 3 h. (19 de outubro) | INSCRICIÓN
WEBINARIO "A fenda salarial" | 3 h. (21 de outubro) | INSCRICIÓN

Esta programación formativa enmárcase nas actividades do Gabinete Técnico en materia de Igualdade Laboral e de Oportunidades e contra a Fenda Salarial, posto en marcha pola CEL neste exercicio.