Voltar atrás

Escrito o:

Gabinete Técnico de Igualdade 2022

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) ofrece neste exercicio servizos específicos en materia de igualdade a través dun gabinete técnico financiado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social (SEPE).

Ofrece información e asesoramento e ten prevista a posta en marcha dun amplo programa formativo específico na materia. 

Máis concretamente, a través deste servizo a CEL busca promover a igualdade laboral e de oportunidades na empresa e loitar contra a fenda salarial. Para iso, desenvolverá actividades como: 

  • Apoio técnico e asesoramento no fomento da igualdade laboral entre as empresas: protocolo de actuación fronte ao acoso, elaboración e implantación de plans de Igualdade, medidas alternativas ao mesmo, fenda salarial, etc.
  • Análise e identificación de boas prácticas.
  • Actividades informativas, divulgativas e formativas que favorezan a sensibilización sobre a materia entre o tecido empresarial da provincia de Lugo.
  • Dar a coñecer as novidades normativas relacionadas coa equiparación entre mulleres e homes, especialmente na contorna laboral e empresarial.

 

Para máis información e consultas, contactar por e-mail a través da dirección gabinete.igualdade@cel.es