Voltar atrás

Escrito o:

CURSO | Xestión do Comercio Internacional

A CEL organiza, con Noroex Consultores, un completo curso en materia de comercio internacional que terá lugar na modalidade online entre os días 26 de setembro e 18 de decembro de 2022.

De 150 horas totais de duración, o curso abarca os alicerces básicos do comercio Internacional, cos que o alumno poderá adquirir todas as habilidades necesarias para afrontar os trámites aduaneiros que leva unha operativa de exportación/ importación, será capaz de deseñar unha loxística internacional segundo INCOTERM, así como de elixir o medio de pago que resulte máis adecuado en cada ocasión.

O curso comprende ademais as horas esixidas para formar parte da Bolsa IGAPE de xestores de internacionalización, conforme á Resolución de 2 de agosto de 2019 (DOG Nº 154, do 14/08/2020). 

Público obxectivo

O curso está dirixido a empresarios/as e persoal directivo ou técnico de empresas que teñan intención de saír a mercados exteriores ou consolidar o seu actual proceso de internacionalización, desempregados, universitarios e, en xeral, calquera persoa interesada en adquirir coñecementos sobre esta materia. 

O curso é de pago, aínda que se contemplan descontos para asociados á CEL e desempregados.

Información completa no pdf descargable nesta entrada.

Aberta inscrición, que pode formalizarse nesta ligazón (tal e como se indica na información adxunta, a isncripción non será efectiva até o pago do importe do curso no número de conta indicado e o envío do xustificante do mesmo).