Voltar atrás

Escrito o:

Oferta formativa subvencionada (teleformación)

Nas vindeiras datas, as nosas entidades colaboradoras iniciarán diferentes cursos de formación on-line que poderían resultar de interese para os sectores de forte impacto na provincia de Lugo.

Trátase de cursos dirixidos ás empresas que operen nos sectores de

  1. Gran distribución:grandes almacéns e supermercados, comercio polo miúdo de produtos alimenticios, axencias de publicidade, empresas de envasado e empaquetado.
  2. Servizos medioambientais: residuos sólidos urbáns e limpeza viaria, xardiñaría, limpeza de edificios e locais, recuperación de residuos e materias primas secundarias, mantemento e conservación de instalacións acuáticas, desinfección, desinsectación e desratización.
  3. Industrias alimentarias: industrias cárnicas, elaboración de produtos alimenticios, industrias lácteas e fabricación de xelados, elaboración e conservación de pescados e produtos a base de pescado, elaboración de bebidas, produtos de alimentación animal, preparación e conservación de froitas e hortalizas, matadeiro de aves e coellos.

Tamén poden participar aquelas persoas traballadoras de calquera sector afectadas por ERTE; así como autónomos/as de todolos sectores e traballadores/as en situación de desemprego.

A través das seguintes ligazóns pódese acceder ás listaxes dos cursos incluídos en cada sector e marcar aqueles nos que se está interesado/a:

Cursos do sector de gran distribución.

Cursos do sector de servizos medioambientais.

Cursos do sector de industrias alimentarias.