Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA INFORMATIVA | Actualidade empresarial en materia de prevención de delitos e cumplimento normativo

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), co apoio da Deputación Provincial de Lugo, organiza para o próximo día 18 de novembro, xoves, unha xornada informativa sobre prevención de delitos e cumprimento normativo no ámbito empresarial desde o punto de vista da súa importancia para as opcións das empresas de acceso aos fondos do Plan de Recuperación, Resiliencia e Transformación do Goberno de España.

De modalidade mixta (posibilidade de asistencia presencial ou online), a xornada dará comezo ás 12:30 horas no salón de actos dá sede central da CEL (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta) e contará coas intervencións dos avogados de Frago & Suárez Avogados Penalistas Juan Antonio Frago Amada, tamén fiscal de Delitos Económicos en excedencia, que afondará na "Responsabilidade civil do empresario e a empresa"; Verónica Suárez, que informará sobre "Igualdade na empresa" e Rubén Veiga, que disertará sobre "Novidades de Compliance para as empresas". O programa completo pode descargarse en pdf ao final desta entrada.

As prazas, tanto presenciais como online, son limitadas, polo que se cubrirán por orde de inscrición que pode formalizarse A TRAVÉS DESTA LIGAZÓN.

Para máis información e aclaración de dúbidas, contactar coa CEL no número de teléfono 982231150.