Voltar atrás

Escrito o:

CEL e Diputación organizan un webinar para informar sobre os procedementos de licitación pública

Coa finalidade de  dar a coñecer o funcionamento dos procesos de licitación pública en Lugo e fomentar a participación das empresas da provincia nos mesmos, a Confederación de Empresarios de Lugo e a Deputación de Lugo organizan un webinar informativo para o próximo día 29 de decembro, martes.

Na actualidade, cada vez son mais as ocasións nas que o sector público debe de recorrer ó privado para a provisión de determinados bens e servizos. Por esta razón, a licitación pública foi constituída co fin de que a Administración poida obter as mellores condicións de compra para un determinado proxecto, obra, servizo ou suministro. Trátase de un concurso entre provedores para a adquisición dun ben, servizo... solicitado por unha administración regulado pola Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ó ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.

Este proceso faise de forma pública e transparente e é unha  das vías polas que as Administracións Públicas se poden converter nun importante motor da economía local, sempre e cando as empresas locais concorran aos procedementos de licitación. Ademáis, en épocas de crise como a actual, calquera fonte de ingresos debe ser abordada e explorada polas empresas. 

CEL e Deputación consideran que estes procedementos constitúen unha oportunidade de negocio para as pequenas empresas da provincia, ás que resulta máis fácil acceder e menos complicado de tramitar do que inicialmente poidese parecer.

Programa e inscricións

Co fin de afondar nos aspectos básicos do funcionamento das licitacións públicas, o webinar, que terá lugar en horario de 17:00 a 19:00 horas, contará cun asesor técnico do Servizo de Contratación da Deputación de Lugo, e abordará cuestións como documentación a aportar, proceso de adxudicación ou onde consultar os procedementos de licitación, entroutras (máis info do programa da xornada descargable ao final desta entrada).

O acceso ao webinar é libre e gratuito, pero é necesario tramitar inscrición previa a través desta ligazón: 

INSCRICIÓN WEBINAR LICITACIÓN PÚBLICA EN LUGO