Voltar atrás

Escrito o:

Cursos de Prevención de Riscos Laborais 2020

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co financiamento da Xunta de Galicia, un total de trece acciones formativas gratuítas en materia de seguridade e saúde laboral destinadas tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.

Estes cursos desenvolveranse entre os meses de setembro e novembro en Lugo.

A programación anual de 2020 centrouse en cursos de alta demanda na edición anterior, de forma que se impartirán varios de "Manexo seguro de carretillas elevadoras", "Manexo seguro de plataformas móbiles de persoal" ou "Prevención de accidentes in itinere e in mision e factores de risco na condución". Outras temáticas previstas son "Prevenión de riscos no manexo do camión grua autocargante", "Prevención de riscos na estiba e desestiba", "Prevención de Riscos Laborais Homologado FCL", "Prevención do risco ergonómico: educación postural e exercicio físico" ou "Envellecemento e promoción da capacidade de traballo",

Prazas e inscrición

As prazas son limitadas (máximo 20 alumnos por acción formativa) e cubriranse por orde de inscrición, que poderá tramitarse a través da CEL (Tel. 982 23 11 50). Máis información descargable ao final desta entrada.

Estes cursos de prevención organízanse ao amparo da Orde de 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2020, co financiamento da Xunta de Galicia.