Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Técnica GALICIA EXPORTA

A sede central da CEL acolle o próximo día 5 de marzo, xoves, unha xornada técnica sobre os programas de axuda á internacionalización que o Igape pon a disposición das empresas galegas durante o exercicio 2020.

O encontro, que incluirá unha sesión café - networking para atender consultas personalizadas, terá lugar a partir das 9:30 horas e contará coas achegas de técnicos especializados do Igape, que explicarán con detalle os programas de axuda Galicia Exporta Empresas, Galicia Exporta Dixital, Galicia Exporta Organismos Intermedios ou o Cheque Brexit, entre outros apoios deste organismo (programa en pdf descargable ao final desta entrada)

Inaugurarán o encontro a director da área de Internacionalización do Igape, Augusto Álvarez - Borrás, e o secretario da CEL, Jaime López.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición, que pode tramitarse nesta ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA TÉCNICA GALICIA EXPORTA