Voltar atrás

Escrito o:

XORNADAS TÉCNICAS Primeiros Auxilios

A planificación das accións a desenvolver como consecuencia dun accidente ou dunha enfermidade que ocorran durante o traballo é unha necesidade que todas as empresas deben ter en conta, non soamente porque é unha esixencia legal, senón tamén porque destas accións pode depender en gran medida o prognóstico das lesións e, en definitiva, a vida das persoas afectadas.

Coa finalidade de formar a alumnos interesados en como identificar as principais urxencias que poden ocorrer nos centros de traballo, coñecer como se pode facer unha primeira valoración na gravidade, promover unha adecuada resposta de primeiros auxilios á vítima ou vítimas e, no seu caso, organizar a evacuación e traslado a un centro sanitario, a CEL organiza dúas Xornadas Técnicas de Primeiros Auxilios que terán lugar a primeira, o día 23 de outubro e, a segunda, o día 6 novembro de 2019, en horario de 9:30 a 14:00 horas.

Programa

  1. Planificación e resposta de primeiros auxilios nos centros de traballo
  2. Actitude e formación do socorrista. Como reaccionar ante unha urxencia médica.
  3. Principais situacións de urxencia e valoración da súa gravidade.
  4. Posta en marcha das accións de primeiros auxilios.
  5. Axuda externa, evacuación e traslado.
  6. Práctica en Reanimación Cardiopulmonar Básica (RCP).

Estas xornadas terán lugar na Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL en Lugo (Rúa Manuel Murguía, 6-Baixo).

As prazas son LIMITADAS e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse nas seguintes ligazóns:

     INSCRICIÓN XORNADA TÉCNICA PRIMEIROS AUXILIOS 23 DE OUTUBRO DE 2019

     INSCRICIÓN XORNADA TÉCNICA PRIMEIROS AUXILIOS 6 DE NOVEMBRO DE 2019