Voltar atrás

Escrito o:

Curso Prevención de Riscos Laborais (específico construción e homologado FLC)

No marco da programación formativa de accións de fomento da prevención de riscos laborais 2019, que conta con financiamento da Xunta de Galicia, a CEL organiza este curso de Prevención de Riscos Laborais, de 60 horas de duración, que terá lugar en Lugo entre os días 20 de setembro e 26 de outubro próximos, os venres en horario de tarde e sábados de mañá.

Dirixido especificamente ao sector de construción e relacionados, conta coa homologación necesaria da Fundación Laboral da Construción (FCL).

Trátase do segundo curso desta materia que a CEL programa en Lugo, tras outro xa completo que dá comezo este mesmo venres. Búscase con esta acción concreta que, ao finalizar o curso, o alumnado estea capacitado para desenvolver en condicións óptimas as funcións que a actual lexislación atribúe e os técnicos de nivel básico en prevención de riscos laborais no sector de construción. O programa completo pode descargarse en pdf ao final de esta entrada.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse a través da seguinte ligazón:

INSCRICIÓN CURSO PREVENCIÓN RISCO ERGONÓMICO