Voltar atrás

Escrito o:

CURSO Creatividade e Innovación para a Diferenciación en Mercados Exteriores

A CEL organiza esta acción formativa, no marco do programa INTERNOVAMARKET-FOOD, co obxectivo de facilitar información sobre ferramentas non tradicionais e como abordar procesos innovadores para descubrir oportunidades reais e conseguir vantaxes competitivas en mercados exteriores.

O programa, descargable completo en pdf ao final desta entrada, comprende formación metodoloxías de innovación, con especial atención á metodoloxía Design Thinking e con orientación a buscar e deseñar solucións creativas para trasladar os produtos e servizos dunhas empresas a novos mercados.

De carácter presencial, intensivo e práctico e doce horas totais de formación, terá lugar os días 5, 6 e 7 de novembro nas instalacións da CEL en Lugo en horario de 16:00 a 20:00 horas.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse a través da seguinte ligazón:

INSCRICIÓN CURSO CREATIVIDADE E INNOVACIÓN PARA CONSTRUÍR OFERTAS DIFERENCIAIS EN MERCADOS EXTERIORES