Voltar atrás

Escrito o:

Novas datas para os Cursos de Prevención de Riscos Laborais 2019

Recentemente, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) comunicaba a organización, co financiamento da Xunta de Galicia, dun total de vinte e tres accións formativas gratuítas en materia de seguridade e saúde laboral destinadas tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo. Un destes cursos xa se iniciou na localidade de Lugo, e estanse pechando novas datas e a posibilidade de inscrición noutros que terán lugar tanto na cidade como en Burela, Chantada e Vilalba. 

Máis concretamente, xa están pechadas datas e aberto prazo de inscrición nos seguintes cursos (os programas completos, datas concretas e horarios de cada un poden descargarse en pdf ao final desta entrada, na sección Adxuntos):

  • Primeiros Auxilios e Desfibrilador Externo Semiautomático (Título Homologado DESA) - 20 h. - Chantada - Do 30 de agosto ao 7 de setembro - INSCRICIÓN
  • Prevención de Riscos Laborais con Amianto - 20 h. - Lugo - Do 30 de agosto ao 7 de setembro - INSCRICIÓN
  • Prevención do Risco Ergonómico: Educación Postural e Exercicio Físico - 40 h. - Lugo - Do 6 de setembro ao 19 de outubro - INSCRICIÓN
  • Prevención de Riscos Laborais (específico construción; homologado pola FLC) - 60 h. - Lugo - Do 6 de setembro ao 19 de outubro - INSCRICIÓN
  • Prevención de Riscos Laborais (específico construción; homologado pola FLC) - 60 h. - Burela - Do 6 de setembro ao 19 de outubro - INSCRICIÓN
  • Prevención de Riscos Laborais (específico construción; homologado pola FLC) - 60 h. - Chantada - Do 6 de setembro ao 19 de outubro - INSCRICIÓN
  • Prevención de Lesións Musculoesqueléticas - 15 h. - Lugo - Do 13 ao 27 de setembro - INSCRICIÓN
  • Primeiros Auxilios e Desfibrilador Externo Semiautomático (Título Homologado DESA) - 20 h. - Lugo - Do 13 ao 21 de setembro - INSCRICIÓN
  • Primeiros Auxilios e Desfibrilador Externo Semiautomático (Título Homologado DESA) - 20 h. - Vilaba - Do 18 ao 26 de outubro - INSCRICIÓN
  • Coñecemento e Xestión do Estrés- 15 h. - Lugo - Do 14 ao 28 de setembro - INSCRICIÓN
  • Coñecemento e Xestión do Estrés - 15 h. - Lugo - Do 18 ao 25 de outubro - INSCRICIÓN
  • Prevención de Lesións Musculoesqueléticas - 15 h. - Vilalba - Do 18 ao 25 de outubro - INSCRICIÓN


As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Estes cursos de prevención organízanse ao amparo da Orde de 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2019, co financiamento da Xunta de Galicia.

Dentro deste programa formativo aínda quedan dez cursos pendentes de peche de datas, que se publicarán nesta web no seu momento. 

MÁIS INFO CURSOS PRL 2019