Voltar atrás

Escrito o:

JORNADA México como mercado potencial

En 2017 as importacións en México creceron un 6,52% respecto ao ano anterior. As compras ao exterior representan o 37,22% do seu PIB, unha alta porcentaxe comparada co doutros países, que lle sitúa no posto 109 de 190 países, do ranking de importacións respecto ao PIB, ordenado de menor a maior porcentaxe. Trátase ademais dun país co que España en xeral, e Galicia en particular, manteñen lazos económicos e culturais que o converten en porta de entrada fundamental para outros países da contorna americana.

Coa finalidade de profundar na idiosincrasia de negocios deste país organízanse as xornadas MÉXICO COMO MERCADO POTENCIAL. A xornada de Lugo terá lugar na sede central da CEL o día 21 de maio, martes, en horario de 9:15 a 10:50 horas (o programa completo pode descargarse ao final desta entrada).

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse nesta LIGAZÓN.