Voltar atrás

Escrito o:

A CEL acolle a primeira sesión Tour Coaching 2019

O Instituto Ben Pensante e ICC organizan o TOUR #NOSOLOCOACHING 2019, no que presentará as Certificacións de Coaching 2019 e o Festival Internacional NoSoloCoaching que International Coaching Community (ICC) organizará xunto a Instituto Ben Pensante en Madrid o 26 de outubro, a través do que se recadarán fondos para a Fundación Vicente Ferrer.

Nas sesións deste Tour falarase das novas formas de crecemento persoal e experimentarase de forma práctica con técnicas de distintas disciplinas, como a PNL, o xogo e os relatos (storytelling).

A sede central da CEL acollerá a primeira sesión e a única en Lugo deste Tour Coaching 2019. Terá lugar o día 24 de abril, mércores, en horario de 17 a 20 horas e contará coas achegas dos coach Marcela Parga e Pablo López.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

INSCRICIÓN

MÁIS INFO