Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA Transición Adaptación ás novas Normas ISO 9001:2015, ISO 14001:2015 e ISO 45001:2018

Co obxectivo de informar os cambios máis relevantes dos requisitos que se establecen na nova versión das Normas ISO 9001, ISO 14001 versión 2015 e ISO 45001 VERSIÓN 2018 (antiga OHSAS 18001), así como sobre as novidades que se van a atopar as empresas no proceso de auditoría, a CEL organiza, coa colaboración de Globalmed Galicia, unha xornada informativa nas súas instalacións para o próximo día 12 de xullo de 2018, xoves.

Este encontro informativo, que terá lugar en horario de mañá (de 9:30 a 13:30 horas), está orientado a empresas certificadas nestas normas, así como a aquelas que teñan interese en certificarse, e profundará en cuestións como (programa completo descargable en pdf ao final desta entrada):

  • Estrutura e contido das Normas ISO 9001:2015, ISO 14001:2015 e ISO 45001:2018
  • Principais novidades e cambios introducidos respecto das anteriores Normas.
  • Plan de transición aplicado á certificación de sistemas de xestión de Calidade, Medio Ambiente e Seguridade e Saúde Laboral


A asistencia é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas, polo que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, dando preferencia ás empresas asociadas á CEL.

INSCRICIÓN XORNADA Transición Adaptación ás novas Normas ISO 9001:2015, ISO 14001:2015 e ISO 45001:2018  

PZ Santo Domingo, 6-2º - Lugo