Voltar atrás

Escrito o:

OBRADOIRO Chaves para comercializar en Brasil

BRASIL é, xunto con México e Colombia, un dos mercados máis importante de Latinoamérica polo seu tamaño (máis de douscentos millóns de consumidores potenciais) e dinamismo; trátase dun mercado ben situado, con grandes oportunidades de negocio parellas ao incremento da renda per cápita e ao aumento do consumo do país.

Co obxectivo de acercanos a este mercado, desde a Confederación de Empresarios de Lugo organizamos un  taller informativo, que terá lugar no marco do proxecto INTERNOVAMARKET - FOOD, posto en marcha a través do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, e que busca romover a mellora da competitividade e a capacidade exportadora de pemes do sector agroalimentario da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.  Na organización do taller contamos, ademais, coa colaboración do despacho Caruncho, Tomei & Judel S.L.

O programa deste taller (descargable completo ao final desta entrada) inclúe as intervencións de María Montalvo, cónsul honorario de Brasil en Galicia; Manuel Expósito, director de Internacionalización Galicia - Asturias do Banco Santader, Rafael González, socio - avogado de Caruncho, Tomei & Judel e Pablo Miñambres, director do departamento xurídico e membro do Comité de Dirección de Fillos de Rivera S.A.U. Abordaranse cuestións como situación actual do país e oportunidades de negocio, chaves para a internacionalización ou como investir, entre outros. 

A asistencia ao taller é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, dando preferencia a pemes do sector agroalimentario.

INSCRICIÓN TALLER CHAVES PARA COMERCIALIZAR EN BRASIL