Voltar atrás

Escrito o:

TALLER Exportar: Primeiros Pasos

Exportar hoxe xa non é unha opción, é unha esixencia para empresas que queiran medrar e ser competitivas. Con esta idea como base, a Confederación de Empresarios de Lugo organiza, no marco do proxecto INTERNOVAMARKET-FOOD, un taller de carácter práctico para pemes  sobre primeiros pasos para exportar. 

INTERNOVAMARKET - FOOD é unha iniciativa para promover a mellora da competitividade e a capacidade exportadora de pemes do sector agroalimentario da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. Enmárcase no Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. Comprende tres áreas de actuación: internacionalización, innovación tecnolóxica e capacidade de mercadotecnia.

O taller 'Exportar: Primeiros Pasos' terá lugar nas instalacións da CEL en Lugo, o día 10 de abril de 2018, martes, a partir das 17:30 horas. Contará coas achegas de Teresa Castro, xerente da consultora especializada en internacionalización TMC Trading AffairsConsultores, S.L., que desenvolverá un programa formativo (descargable completo ao final desta entrada) que permite unha primeira aproximación á actividade exportadora por parte das empresas.

Este taller está prioritariamente dirixido a pequenas e medianas empresas da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, en especial a directivos de empresas con interese en desenvolvemento de negocio no exterior; responsables e técnicos de Departamentos de Comercio Exterior, entidades con potencial exportador e emprendedores ou interesados en internacionalización empresarial.

A asistencia ao taller é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, dando preferencia a empresas con interese en participar no proxecto Internovamarket - Food.

INSCRICIÓN TALLER EXPORTAR: PRIMEIROS PASOS