Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Informativa: Exportación de Alimentos a EE.UU.

En Estados Unidos publicouse hai tempo unha nova e ambiciosa lei de seguridade alimentaria, a Food Safety Modernization Act (FSMA). Algúns dos desenvolvementos desta lei entraron en vigor recentemente, e, máis en concreto, o que obriga ás empresas produtoras de alimentos a contar cun plan de seguridade alimentaria, e con persoal adestrado para levalo a cabo.

A FSMA afecta as empresas que comercializan os seus alimentos (e pensos) en EEUU, é dicir, tamén ás que pretendan exportar a este país. E obriga a que cada empresa conte con, polo menos, unha persoa adestrada nestes autocontrois, a figura chamada Preventive Controls Qualified Individual (PCQI), individuo cualificado en controis preventivos). Esta cualificación só se pode obter mediante un curso estandarizado desenvolvido pola FSPCA (Food Safety Preventive Controls Alliance) e aprobado pola FDA (Food and Drug Administration) estadounidense.

Co obxectivo de difundir as esixencias establecidas por EEUU en materia de seguridade alimentaria, en especial respecto desta obrigación de dispor de persoal cualificado (PCQI), a CEL organiza nas súas instalacións, en colaboración con Laboratorios Micral, unha xornada informativa dirixida a empresas do sector alimentario con intereses comerciais en Estados Unidos, e que abordará o seguinte programa:

CONTIDOS

  • Antecedentes
  • Aspectos legais
  • Ámbito de aplicación
  • Que é o PCQI?
  • Como cualificarse como PCQI?


A xornada terá lugar o luns, 6 de novembro de 2017, en horario de 18:30 a 20:00 horas, na sede central da CEL.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse a través da seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA INFORMATIVA EXPORTACIÓN ALIMENTOS EEUU

Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 (Lugo)