Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Finlandia, país de contrastes e oportunidades

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza unha xornada informativa sobre Finlandia, un dos países nórdicos máis descoñecidos e que menos interese esperta a pesar do seu enorme potencial. 

A través desta xornada informativa, que terá lugar o día 4 de maio, xoves, na sede central da CEL en Lugo, preténdese descubrir un pouco máis este país nórdico, dando a coñecer as particularidades do mercado finlandés e as grandes posibilidades comerciais que ofrece ás empresas da nosa demarcación. Para iso, contaremos coas achegas de Alejandro Lapido, Socio Director de Maku Galicia Gourmet, empresa lucense dedicada á exportación de produtos galegos de alimentación para Finlandia (programa completo da xornada descargable ao final desta entrada).

Finlandia, un país descoñecido e de grandes oportunidades

Finlandia (Suomi en finés) é o país con maior poder adquisitivo dos países da UE e a súa economía é unha das máis competitivas de Europa e do mundo. Tras Suecia, é o país con maior poboación do eixo dos países nórdicos (Noruega, Suecia, Finlandia, Dinamarca e Islandia). A súa situación geoestratégica, converte ademais a Finlandia, nun país moi atractivo como porta de entrada aos crecentes mercados dos países bálticos e Rusia. 

Este país nórdico ofrece grandes oportunidades de negocio para as empresas galegas interesadas na exportación dos seus produtos a este país; hai razóns para crer que Finlandia é e será un dos países da UE con maior potencial para o investimento:

  • Finlandia conta cun gran poder adquisitivo, cunha renda per cápita media de 39.000 €.
  • É un país totalmente dixitalizado, onde o 76% da poboación compra por Internet, o que converte a Finlandia nun país atractivo para os  negocios en liña.
  • É o país con menor grao de corrupción do mundo e de maior transparencia.
  • Conta cun atractivo sistema fiscal para as empresas que queiran implantarse no seu territorio.
  • É o único país nórdico na zona Euro.

A entrada a esta xornada, que terá lugar en horario de 19 a 20 horas, será libre previa inscrición, con prioridade para empresas asociadas.

INSCRIPCIÓN EN JORNADA FINLANDIA 04/05/2017

Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo