Voltar atrás

Escrito o:

Lanzadeira de Emprego de Lugo

O pasado mes de xuño púxose en marcha a primeira Lanzadeira de Emprego de Lugo, un programa de innovación social que ten o soporte da Fundación Telefónica, a Fundación Santa María A Real e a Xunta de Galicia a través do que un equipo de 25 persoas desempregadas colaboran de maneira voluntaria e solidaria para buscar emprego, por conta allea ou propia.

Ao longo dos 5 meses que dura a lanzadeira, pásanse por tres fases: unha primeira, dun mes aproximado de duración, na que a través de talleres dunha ou dous mañás de duración mellóranse competencias transversais como a marca persoal, intelixencia emocional, traballo en equipo e coaching. Posteriormente, na segunda fase, cada participante analiza o tecido empresarial da rexión para buscar aquelas empresas nas que encaixa o seu perfil e gustaríalle coñecer. Finalmente, na terceira e última fase, contáctase coas devanditas empresas para que os participantes poidan coñecelas e que os empresarios poidan ter á súa disposición candidatos proactivos e axustados ás súas necesidades.  

A través da páxina web da Lanzadeira de Emprego de Lugo pódese acceder á infomación dos diferentes perfís dos participantes nesta edición do programa. As empresas interesadas poden contactar con eles directamente a través de dita web picando na sección "Equipo".