Voltar atrás

Escrito o:

Reunión de Afigal en Lugo

Membros do consello consultivo da sociedade de garantía recíproca de Afianzamentos de Galicia (AFIGAL), que preside Antonio Couceiro, reuníronse hoxe nas instalacións da sede central da CEL, nun encontro que anualmente adoitan celebrar na cidade amurallada.

O consello consultivo é un órgano de recente creación en Afigal conformado por conselleiros do consello de administración actual e exconsejeros dos que se busca aproveitar a súa experiencia no seo da entidade. 

Tras a reunión na CEL, os vogais do consello mantiveron unha comida de traballo nas casetas do polbo.