Voltar atrás

Escrito o:

Xornada 'Adaptación á nova Norma ISO 9001:2015'

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolle o día 20 de outubro, xoves, unha xornada informativa sobre a nova ISO 9001, norma que permite a certificación dos sistemas de xestión da calidade, recoñecida internacionalmente, que tras case trinta anos de existencia renovouse co fin de facilitar a súa comprensión e simplificar a súa implantación en calquera tipo de organización.

Co fin de dala a coñecer e facilitar a transición das empresas de Lugo á actual versión da normativa, a CEL organiza, coa colaboración de Globalmed, esta sesión informativa, que se desenvolverá de 19:00 a 20:30 horas na sede central da organización empresarial lucense.

Programa

Descargable en pdf ao final desta entrada, o programa da xornada abordará as seguintes cuestións:

  • Evolución da Norma ISO 9001
  • Estrutura de alto nivel para as normas de xestión
  • A Norma ISO 9001:2015. Principais cambios e novos requisitos:
        - Contexto da organización
        - Liderado
        - Enfoque baseado en risco
        - Énfase na xestión de procesos
  • Comparación entre ISO 9001:2008 e ISO 9001:2015
  • Impacto dos cambios para as organizacións
  • Adaptación dos certificados ISO 9001
  • Preguntas

 

Inscrición

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA NOVA NORMA ISO 9001:2015

Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo