Voltar atrás

Escrito o:

Premios Cepyme 2016

A Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa vén de convocar a III Edición dos seus Premios Cepyme, a través dos que busca recoñecer "a figura do pequeno e mediano empresario e do autónomo e divulgar a súa contribución ao progreso económico e social e á creación de emprego".

Nesta edición o número de categorías ampliouse a oito, que son:

  • Peme do Ano
  • Empresario Autónomo do Ano
  • Peme Innovación Tecnolóxica
  • Peme Desenvolvo Internacional
  • Peme Creación de Emprego
  • Peme Proxecto Emprendedor
  • Peme pola Igualdade
  • Peme pola Inclusión laboral de Persoas con Discapacidade

Ademais, concederase unha mención especial á traxectoria dun empresario destacado polos seus méritos no exercicio de actividade.

Poderán participar como candidatos aos Premios CEPYME 2016 todas as empresas con menos de 250 empregados e menos de 50 millóns de facturación anual, cuxa sede social principal estea en España e en cuxo capital non participe de forma maioritaria unha gran empresa. Poderán aspirar ao Premio Empresario Autónomo do Ano todos os inscritos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), residentes en España e que exerzan a súa actividade en ou desde o noso país.

Os Premios, convocados baixo a presidencia de honra de SS.MM os Reyes, contan co patrocionio de Banco Santander e a colaboración de Facebook, Randstad, Insere-Fundación Once, Mytaxi e Informa.

O prazo de presentación de candidaturas finalizará o 31 de xullo de 2016.

Máis info e presentación de candidaturas

Ver bases