Voltar atrás

Escrito o:

A CEL e a súa Fundación colaboran co programa Atrévete para fomentar o emprendemento

Os alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Muralla Romana de Lugo viviron hoxe unha xornada diferente: trasladáronse ás instalacións do viveiro de empresas da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo para coñecer de primeira man como emprender e a Cafés Candelas, para achegarse á historia e funcionamento dunha das empresas punteiras da provincia. 

Esta visita deriva dun acordo subscrito entre a CEL e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para colaborar nas actividades do Plan de Emprendimiento no sistema educativo de Galicia (Eduemprende) e o Programa Atrévete, polo que se organizan encontros con emprendedores e visitas a empresas para alumnos de educación primaria e secundaria. É o segundo encontro que se pon en marcha no marco deste acordo, tras un primeiro en decembro co IES Marqués de Sargadelos.

Máis fotos da visita

CEL e Fundación CEL participan neste tipo de accións convencidas da importancia de fomentar vocacións emprendedores desde temperá idade, e de que os mozos poidan ver a posibilidade de crear unha empresa como unha realidade factible e tanxible a través do contacto directo con experiencias empresariais reais e exitosas.

Viveiro de empresas

A actividade educativa de Atrévete en Lugo estruturouse en dous partes, unha visita ao viveiro de empresas da Fundación CEL - valorado por Funcas como un dos mellores de España - na que os alumnos teñen a posiblidad de achegarse á historia deste viveiro e das empresas que naceron nel, ademais de falar cos emprendedores que nestes momentos permanecen nas súas instalacións, e unha segunda parte na que visitan a sede de dúas empresas colaboradoras, Cafés Candelas e Innolact - Quescrem, neste segunda caso unha empresa que ademais deu os seus primeiros pasos no viveiro.

Os alumnos do IES Muralla Romana puideron así hoxe coñecer ao equipo técnico que apoia aos emprendedores na Fundación e ao seu coordinador, Rodolfo Ojea, co que percorreron as instalacións do viveiro, e charlar cos promotores de empresas como Lignia, Raiola Networks ou estati.co, entre outros, para trasladarse despois a Cafés Candelas.

Concurso Atrévete

O programa inclúe un concurso de ideas empresariais para os alumnos participantes: poderán presentar unha idea de negocio, redactada nun máximo de dous folios, que haberán de presentar antes do 27 de maio de 2016 á CEL. Os gañadores recibirán un e-book.