Voltar atrás

Escrito o:

Recta final no proceso de inscrición de VíaGalicia

A primeira fase, de inscrición, do programa de aceleración de empresas de VíaGalicia, que este ano conta con sede tamén en Lugo (VíaLugo), nas instalacións da Fundación CEL, entra na súa recta final: os emprendedores interesados en participar teñen de prazo até o mércores 15 de xullo de 2015, para presentar candidatura. Os proxectos que consigan chegar á fase final recibirán apoios económicos de até 125.000 euros para o seu desenvolvemento.

VíaGalicia é unha iniciativa impulsada polo Consorcio Zona Franca de Vigo (CZFV) e a Xunta de Galicia, en colaboración con outras entidades, para facilitar o desenvolvemento de proxectos empresariais "innovadores, acelerables e invertibles". Nacido inicialmente en Vigo (VíaVigo), este programa de aceleración alcanza este ano a súa terceira edición cunha das mellores dotacións de España: conta cun orzamento de 2,2 millóns de euros, o triplo que en edicións anteriores, dos cales 1.875.000 euros destinaranse a capital semente e achegas a fondo perdido para os proxectos empresariais seleccionados, e 375.000 a formación e consultoría.

Fases

O programa consta de varias fases, nunha primeira preseleccionaranse até 40 ideas de negocio por sede que se presentarán a un Startup Day a celebrar en Lugo e Vigo, xornadas nas que se seleccionarán os 20 mellores proxectos que poderán continua a unha segunda fase, de academia, en VíaLugo e VíaVigo repectivamente. Na fase final de aceleradora, que terá lugar en Porto do Molle, seleccionaranse 15 finalistas que recibirán apoios económicos de até 125.000 euros para sacar adiante o seu proxecto empresarial.

Máis info VÍAGALICIA

Para calquera dúbida ou información adicional tamén se pode chamar á Fundación CEL, ao número de teléfono 982 28 40 15.