Voltar atrás

Escrito o:

Máis apoios ao emprendedor en Lugo

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, presentou hoxe na sede central da CEL a terceira edición do programa de aceleración de empresas VíaVigo, que este ano abre nova sede en Lugo nas instalacións da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo coa idea de acoller a novos proxectos nados no norte de Galicia e, ao tempo, chegar a replicar o modelo polo catro provincias e para todos os sectores de actividade baixo o nome de VíaGalicia.

En palabras do titular da Consellería de Economía e Industria, con esta ampliación do programa trátase de xerar un "polo de emprendimiento innovador en Lugo", reforzando o "ecosistema emprendedor" que xa existe. 

Pola cantidade de recursos que mobiliza, VíaVigo é unha das aceleradoras de empresas e emprendedores máis potentes de España. Impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e a Xunta de Galicia, nesta edición tripilica o orzamento das anteriores e investirá máis de dous millóns de euros en emprendimiento, 1.875.000 euros entre capital semente e achegas a fondo perdido, máis outros 375.000 euros en gastos de consultoría e formación.

Presentación

Francisco Conde destacou tamén na presentación de VíaLugo que a través deste programa búscase impulsar proxectos nados e sectores como "o agroalimentario, o biotecnológico, a biomasa ou o aeronáutico", que se demostrou teñen "potencial" na provincia de Lugo, sen descartar outros.

Ademais do conselleiro de Economía e Industria, no acto de presentación participaron tamén a delegada do CZFV, Teresa Pedrosa, e o conselleiro delegado executivo da CEL, Jesús Quintá, que resaltou "o interese deste programa ao incluír acceso a financiamento, investidores privados e sociedades de capital risco, ademais de tutorización e mentorización", sinalou que "sen dúbida suporá un impulso para proxectos empresariais con ADN lucense". Destacou así mesmo o traballo de apoio ao emprendedor e á nova empresa que se realiza desde a Fundación CEL "primeiro viveiro de empresas de carácter privado que entrou en funcionamento en Galicia". considerado como un dos mellores viveiros de España segundo un recente estudio de Funcas e a Universidade Rei Juan Carlos I de Madrid.

Participaron tamén o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, a directora de Promoción Económica do CZFV, Rosa Eguizabal, e o presidente da Fundación CEL, Luís García Santalla, que subliñou VíaLugo é un programa de "alto rendemento para emprendedores que esperamos supoña un impulso para proxectos de Lugo innovadores, acelerables e invertibles, de todos os sectores da economía provincial" e sinalou como moi interesante o potencial do "agroalimentario", pero tamén da "agricultura ecolóxica, o forestal, a madeira, a pesca, biotecnoloxía agrícola e veterinaria ou turismo, entre outros".