Voltar atrás

Escrito o:

Taller de formación en cooperativas na nosa Fundación para emprendedores

Formación cooperativa para persoas que queren emprender é o título do taller que, organizado pola Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (Ugacota), terá lugar nas instalacións do viveiro da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo a semana próxima, entre os días 19 e 22 de maio e en horario de 10:00 a 15:00 horas.

Este taller, de carácter eminentemente práctico, inclúe no seu programa (descargable ao final desta entrada) módulos referidos ao perfil do emprendedor; o cooperativismo como fórmula de autoemprego; principios e valores do cooperativismo; tipos de cooperativas; organización, proceso de constitución, réxime económico e fiscal ou financiamento das cooperativas; entre outros.

Os obxectivos xerais desta actividade pasan por achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial as persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo; dar a coñecer o modelo cooperativo, as súas características e as súas achegas sociais e económicas, e facilitar o acceso a unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Tramitar inscrición

A CEL e a Fundación CEL forman parte da Rede EUSUMO.