Voltar atrás

Escrito o:

Liñas ICO 2015

Un ano máis, o Instituto Oficial de Crédito (ICO) habilita as súas liñas de financiamento dirixidas a empresas, emprendedores e autónomos para 2015, e que constitúen unha alternativa para aqueles negocios que buscan financiar os seus investimentos.

Recentemente, o ICO asinou os protocolos de colaboración coas entidades de crédito que concederán os préstamos desta entidade durante este exercicio, no que ten como obxectivo global de concesión de crédito os 14.000 millóns de euros. En total, subscribiu protocolos con dez entidades financeiras: Banco Popular, Banco Santander, Banco Sabadell, BBVA, Bankia, CaixaBank, Bankinter, Ibercaja, Bantierra e Targobak.

Ao final desta entrada pode descargarse cadro resumo elaborado polos técnicos da CEL,  das Liñas ICO 2015, que se subdividen en catro tipos fundamentais segundo o tipo de beneficiario: Liña Empresas e Emprendedores, Liña Garantía SGR/SAECA, Liña Internacional e Liña Exportadores.

A través da Liña Empresas e Emprendedores e a sublínea ICO Garantía SGR búscase financiar proxectos de investimento produtivo e necesidades de liquidez de autónomos, empresas e emprendedores españois dentro do territorio nacional. Pola súa banda, a través da Liña ICO Internacional e a sublínea Exportadores búscase fomentar o financiamento de investimentos destinados á internacionalización no primeiro caso, e achegar liquidez, no segundo, mediante o anticipo de facturas derivadas da actividade exportadora dos autónomos e empresas españolas.

Como máximo, a firma de préstamo concedido en virtude das Liñas ICO 2015 ha de realizarse con data 12 de decembro de 2015.

No cadro resumen descargable proporciónase información básica sobre conceptos financiables, tipos, prazos de amortización, comisións, etc. Para máis información e asesoramento, contactar co Departamento Económico - Fiscal da CEL (servizo só para asociados).