Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Informativa: Future Internet PPP

O vindeiro mércores, día 1 de outubro, a nosa sede central en Lugo acollerá, en horario de 9:30 a 14:00 horas, unha videoconferencia da Axencia Galega de Innovación (GAIN), na que se informará dos requisitos e condicións que se esixirán ás pemes e emprendedores que queiran optar ás axudas de que habilitarán en próximas convocatorias no marco do programa FI-PPP (ver programa completo do encontro online ao final desta entrada).

O programa de I+D+i europeo FI-PPP (Future Internet Public Private Partnership) pon na súa terceira fase a disposición das pemes e emprendedores 80 millóns de euros para o desenvolvemento de produtos e servizos innovadores empregando a tecnoloxía empregada en anteriores fases do programa.

O acceso a este financiamento articularase a través de diferentes convocatorias xestionadas polas aceleradoras seleccionadas na anterior etapa da iniciativa, que contan con diferentes orientacións temáticas (eHealth, Enerxía e Medio Ambiente, Smart Cities, etc) para que os servizos de aceleracion que se prestarán ás entidades seleccionadas adáptense plenamente ás necesidades de cada proxecto.

Ademais dunha axuda que oscilará entre os 50.000 e os 150.000 euros, accederase a un excelente ecosistema de innovación con servizos de soporte a nivel internacional: mentoring, networking, formación e acceso a investimentos especializados, entre outros. Unha excelente oportunidade para converter unha boa idea nun produto ou servizo comercial de éxito.

                                                    TRAMITAR INSCRICIÓN