Voltar atrás

Escrito o:

Axudas a microempresas de Lugo

Unha nova convocatoria pública de subvencións a empresas lucenses está vixente desde hoxe. Trátase dos apoios do Concello de Lugo a novos investimentos ou contratación de empregados efectuadas por microempresas (que ocupan a menos de 10 traballadores e xeran un volume de negocios anual menor a 2 millóns de euros) con domicilio fiscal no municipio de Lugo (fóra das situadas na zona URBAN -centro histórico-, para as que se publicou no seu momento convocatoria específica).

Liñas de axuda

A través da primeira liña de axuda, destinada a investimentos, subvencionaranse gastos en obras, maquinaria e ferramentas, mobiliario, equipamento e aplicacións informática, rótulos comerciais, etc. A contía da axuda establécese nun 50% do total de gastos subvencionables, ampliable nun 5% no caso de empresas de mulleres (máximo do 55%) e cunha contía máxima total de 10.000 euros por empresa beneficiaria.

A través da liña destinada a emprego subvencionarase a contratación de persoas desempregadas empadroadas en Lugo con máis de tres meses de antigüidade como demandantes de emprego e necesidades especiais de inserción (pertencentes a colectivos como persoas discapacitadas, minorías étnicas, mulleres vítimas de violencia, paradoas de longa duración, menores de 25 anos sen experiencia e maiores de 45 anos). O contrato haberá de efectuarse por un mínimo de seis meses con data de inicio entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2015 e estimarase como importe subvencionable o salario mínimo interprofesional vixente con data 1 de xaneiro de 2014.

Para optar á liña de axuda para investimentos será necesario efectuar polo menos unha contratación conforme aos requisitos desta segunda liña de apoios.

O prazo de solicitude prolongarase durante 20 días hábiles a contar dende hoxe, 17 de setembro de 2014.

Para máis información contactar cos técnicos do noso Departamento Económico - Fiscal (servizo só para asociados: teléfono 982 23 11 50).

Máis info