Voltar atrás

Escrito o:

Novas sesións online sobre programas europeos

A nosa sede central en Lugo (Pza. de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta) acollerá dúas novas conexións con xornadas da Axencia Galega de Innovación e CDTI, previstas para finais de xuño e mediados de xullo.

Concretamente, a primeira xornada terá lugar o día 26 de xuño, de 12:00 a 14:00 horas, no Centro de Supercomuntación de Galicia de Santiago de Compostela baixo o título "CDTI e GAIN: Instrumentos de Financiamento e Apoio", con especial atención ao Programa Cen. En caso de asistir presencialmente, contará coa posibilidade de manter reunións bilaterais técnicos de CDTI. É obrigatorio inscribirse, mesmo para asistir vía videoconferencia.

A segunda xornada, prevista para o día 18 de xullo de 10:00 a 12:30 horas no CIS de Ferrol. Nela prevese informar o programa Eurostars, que ten por obxectivo apoiar ás Pemes intensivas en I+D, que desenvolvan produtos, procesos e servizos innovadores, para aumentar a súa vantaxe competitiva. Tamén se prevén reunións bilaterais en caso de asistencia presencial e tamén é obrigatoria inscrición para sesión presencial ou videoconferencia.

Ao final desta entrada poden descargarse programas completos para ambas as xornadas. Incripción nas seguintes ligazóns:

                                     INSCRICIÓN XORNADA 26 DE XUÑO

                                     INSCRICIÓN XORNADA 18 DE XULLO