Voltar atrás

Escrito o:

Axudas propiedade industrial

Onte faciamos mención a algunhas das subvencións que aínda teñen o prazo de solicitude aberto. Entre estas atópanse as destinadas a fomentar a protección da propiedade industrial e intelectual.

A nivel de Galicia, e até o día 31 de maio, aínda poden solicitarse as subvencións da Consellería de Economía e Industria destinadas á protección da propiedade industrial, tanto a nivel nacional e internacional, e por medio das cales se financia até o 70% dos gastos resultantes de tramitar ou manter os títulos de propiedade insdustrial correspondentes a invencións.

A nivel nacional, tamén están habilitadas axudas, compatibles coas autonómicas, para a solicitude de patentes e modelos de utilidade españois e no exterior. Habilitadas polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, o prazo de presentación de instancias permanecerá aberto até o próximo 25 de abril.

Para máis información e asesoramento especializado sobre axudas e subvencións, contactar co noso Departamento Económico – Fiscal.

Máis info sobre as convocatorias na nosa área de Documentación (accesible somentes para asociados).

FOTO: Sede de la OEPM