Voltar atrás

Escrito o:

Axudas en vigor

Varias convocatorias de subvencións orientadas ao fomento da actividade empresarial teñen neste momento aberto o prazo de solicitude.

Entre elas, en Galicia as dos programas "Galicia Inviste", do Igape, para "proxectos de investimento empresarial" que supoñan un montante igual ou superior a 200.000 euros, e que impliquen a creación dun novo establecemento, ampliación dun establecemento existente, diversificación da produción en novos produtos adicionais ou un cambio esencial no proceso xeral de produción dun establecemento existente. Estas subvencións poderán solicitarse até o día 30 de abril.

Até leste mesmo día poderán tamén solicitarse as axudas do mesmo programa pertencentes ás liñas de "servizos avanzados intensivos en emprego".

Emprendedores

Permanece tamén aberto o prazo de solicitude, até o 30 de abril, das subvencións do programa "Galicia Emprende", pensadas neste caso para creación de empresas ou para o investimento en empresas novas promovidas por novos emprendedores e deseñadas para investimentos comprendidos entre os 35.000 e 500.000 euros. Trátase de subvencións a fondo perdido que poden cubrir até o 50% do investimento.

Outras

Outras axudas aínda en vigor son as de comercio (para apertura de novos establecementos comerciais); as de fomento do uso de Tics por parte de microempresas situadas no rural; as do sector turístico para obtención e mantemento da marca "Q" de calidade turística,  emprendemento entre persoas retornadas, entroutras.

Para máis información e asesoramento especializado sobre axudas e subvencións, contactar co noso Departamento Económico - Fiscal.

Máis info sobre as convocatorias na nosa área de Documentación (accesible só para asociados).