Voltar atrás

Escrito o:

Ampliado até o 31 de maio o prazo para regularizar a cotización das retribucións en especie

A Seguridade Social amplía até o 31 de maio deste ano o prazo para que as empresas poidan regularizar a cotización das retribucións en especie dos traballadores: a Tesouraría Xeral da Seguridade Social elaborou unha Resolución pola que se ampla o prazo "para a liquidación e ingreso da cotización correspondente ás primeiras mensualidades afectadas" pola modificación recollida no Real Decreto Lei 16/2013, de 20 de decembro. O prazo límite inicialmente establecido para esta regularización estaba fixado no 31 de marzo de 2014.

O obxectivo da Resolución é, segundo noticia publicada na web do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, facilitar ás empresas este trámite ao contar con dous meses máis para porse ao día coas cotizacións polos conceptos salariais variables e normalizar as nóminas dos traballadores.

Por outra banda, o Congreso dos Deputados convalidó esta semana o mencionado Real Decreto-Lei de mellora da contratación estable e a empleabilidad dos traballadores, no que se inclúe esta homogenización da normativa reguladora das bases de cotización coa relativa aos conceptos incluídos e excluídos a efectos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Para calquera dúbida, aclaración ou orientación en relación coas modificacións establecidas por este Real Decreto - Lei, podedes porvos en contacto cos técnicos do noso Departamento Xurídico - Laboral (servizo só para asociados).