Voltar atrás

Escrito o:

Asistente virtual para a contratación

Xa está dispoñible na páxina web do Servizo Público de Emprego (SEPE) o anunciado asistente virtual a través do que se facilita a confección dos diferentes modelos de contrato que están en vigor desde o día 1 de xaneiro, e a través do que se trata de simplificar o proceso de contratación.

Este asistente ou ferramenta online vai guiando ao usuario web, a través de diferentes preguntas, no proceso de confección do impreso co modelo de contrato correspondente.

Segundo a última reforma do mercado de traballo, pásase das 42 modalidades contractuais existentes até o momento a unicamente 4 contratos diferentes  (Indefinido, Temporal, de Formación e Aprendizaxe e de Prácticas) con cláusulas específicas dependendo do tipo de empresa, traballador, duración, xornada, etc.

A web do SEPE facilita tamén a descarga dunha Guía de Contratos que recolle toda a normativa vixente en materia de contratación laboral, así como incentivos á contratación, obrigacións do empresario... adaptada á última simplificación administrativa de modelos de contrato aprobada.

Para más información e consulta de dúbidas, contactar cos técnicos do noso Departamento Laboral.