Voltar atrás

Escrito o:

Fundación CEL e Novagalicia Banco suscriben un convenio para apiar ó emprendedor en Lugo

A Fundación CEL - Iniciativas por Lugo e Novagalicia Banco subscribiron un convenio de colaboración para fomentar o autoemprego e apoiar ao emprendedor da provincia de Lugo. En virtude deste acordo Novagalicia Banco implícase no labor de tutelaxe a emprendedores desenvolvida a través do Programa Viveiro de Empresas da Fundación, con especial atención á posta en marcha de proxectos empresariais de carácter innovador.

A través deste programa de incubación de iniciativas empresariais creáronse 74 empresas que xeraron máis de 430 postos de traballo e máis de 21 millóns de euros de investimento inducido, cunha taxa de supervivencia (tras 42 meses de actividade) do 80%.

En virtude deste acordo tamén se ofertarán servizos e produtos financeiros con condicións beneficiosas para os emprendedores atendidos pola Fundación.

Juan Carlos Carneiro Caneda, director territorial de Novagalicia Banco en Lugo e Ourense, e Luís García Santalla, presidente da Fundación CEL foron os encargados de rubricar o acordo nun acto de firma que tivo lugar na sede da Fundación e no que estiveron acompañados por emprendedores e novos empresarios que utilizan os servizos desta entidade.

Luís García Santalla destacou no acto de firma a necesidade actual, máis que nunca, "de manter e incentivar os servizos de apoio a aquelas persoas con ideas, con iniciativa, con ímpeto para crear unha empresa. Porque da creación de empresas depende a xeración de emprego e a verdadeira recuperación económica do país".

Pola súa banda, Juan Carlos Carneiro resaltou que coa firma deste convenio "Novagalicia Banco quere estar máis preto dos emprendedores e novos empresarios apoiándolles nos seus inicios", de forma directa coa firma do convenio financeiro e de forma indirecta co apoio ao viveiro de empresas da Fundación.

Os emprendedores interesados en coñecer os detalles da oferta financeira de Novagalicia Banco obxecto deste convenio poden solicitar máis información nas nosas instalacións ou chamando ao 982 28 41 50.

A CEL mantén tamén, pola súa banda, un acordo con Novagalicia Banco que inclúe oferta financieira para os seus asociados. Más info.